A campaña anual de trampeo da vespa velutina remata con máis de 9.700 capturas en tres meses

11-06-2021

 

A campaña anual de trampeo da vespa velutina impulsada polo Concello de Zas vén de pecharse cun total de 9.783 capturas en tres meses. As accións centráronse nos meses de marzo, abril e maio; momento no que as raíñas comezan a súa actividade despois do letargo invernal e que é crucial para evitar a formación dos niños primarios. Durante este tempo instaláronse un total de 357 trampas e repartíronse más de 330 litros de líquido atraínte entre os 133 veciños e veciñas que colaboraron na campaña xunto cos apicultores. Tanto as trampas como o líquido atraínte proprocionouselles dende o Concello de forma gratuíta.

As trampas colocáronse naquelas zonas estratéxicas do noso municipio e todas estaban xeolocalizadas co fin de coñecer as áreas de maior incidencia de cara a futuras accións. Cada quince días renovouse o seu líquido e fíxose reconto das capturas realizadas. 

Os datos da campaña reflicten a magnitude do problema e, aínda que se prevé que haxa unha reducción considerable, nas vindeiras semanas comezarán a aparecer os niños secundarios. O 012 é o número de teléfono da Xunta de Galicia ao que deberá chamarse no caso de localizar un niño. 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, agradece a implicación da veciñanza para loitar contra a expansión da vespa asiática e recorda que este é o cuarto ano consecutivo que o Concello de Zas pon en marcha con fondos propios unha campaña de trampeo para facerlle fronte a unha praga que afecta a toda a comunidade.

 

Novas relacionadas

Compartir: