O Concello de Zas pon en marcha unha nova campaña de trampeo da vespa velutina

24-04-2020

O Concello de Zas vén de poñer en marcha unha nova campaña de trampeo da vespa velutina coa colocación de trampas distribuidas por todo o municipio co fin de loitar contra a invasión desta especie. Esta época, co inicio da primavera, as raíñas comezan a facer os niños primarios polo que esta primeira fase céntrase na captura do maior número posible de raíñas que se traducirá nunha menor cantidade de niños máis adiante. 

A campaña arrincou a semana pasada coa colocación de trampas naqueles puntos máis sensibles como poden ser zonas de árbores con flor, froiteiras, regatos, lugares nos que haxa colmeas,… Nos próximos días retiraranse estas trampas e substituiránse por outras novas. Todos os artiluxios están numerados e etiquetados co logo do Concello de Zas co fin de que sexan facilmente recoñecibles.

Este é o terceiro ano consecutivo que o Concello de Zas loita por iniciativa propia contra esta praga que afecta a toda Galicia.

Colaboración da cidadanía

A colaboración da veciñanza é fundamental para frear esta praga. Polo que dende Concello de Zas animan a todos os veciños e veciñas a colocar as súas propias trampas cumprindo sempre as recomendacións actividadas pola crise sanitaria provocada polo Covid-19. Toda a información ou dúbidas sobre a praga pode aclararse a través do número de teléfono do Concello de Zas (981 70 83 03).

Por outra parte, as persoas que localicen algún niño pode avisar para a súa reitrada a través do número de teléfono 112. 

Novas relacionadas

Compartir: