O Concello de Zas pon en marcha unha intensa campaña de trampeo da vespa velutina coa colaboración da veciñanza
19-03-2021
Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas plántalle cara á praga da vespa velutina cunha intensa campaña de trampeo na que se contarará coa colaboración da veciñanza. Para iso, o Concello repartirá trampas e líquido atraínte entre aqueles veciños e veciñas que o soliciten. “O obxectivo é reducir o número de niños nun momento clave como este que é cando as vespas comenzan a súa actividade despois do letargo invernal”, sinalou o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, durante a presentación da campaña que tivo lugar onte no Centro Sociocultural de Zas.
Precisamente o Centro Sociocultural de Zas é o lugar ao que se deben dirixir aqueles veciños e veciñas que queiran participar na campaña para recoller as trampas e o líquido atraínte correspondente. A solicitude debe facerse previamente a través do número de teléfono 981 751 398 e en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. As trampas deberán instalarse en lugares sensibles como poden ser zonas con froitais, camelias, rododendros,… e deberán informar cada quince días do número de vespas capturadas en cada unha das trampas.
Ademáis, xa se comezou coa instalación de trampas naqueles puntos máis sensibles do noso municipio como as zonas dos centros educativos, paseos fluviais e parques infantís. Ao igual que nos anos anteriores, todas as trampas están identificadas co logo do Concello de Zas e cada quince días renovarase o líquido atraínte. E como vén sendo habitual, nesta campaña de trampeo tamén participan os apicultures do municipio.
Novas relacionadas
- Capturadas 311 raíñas nos primeiros quince días da campaña de trampeo da vespa velutina
- O Concello de Zas pon en marcha unha nova campaña de trampeo da vespa velutina
- Arranca unha nova campaña de trampeo para a vespa velutina
- O Concello de Zas captura máis de 1.500 vespas velutina coa campaña de trampeo
- Capturadas case 600 vespas velutinas en quince días
- Capturadas 338 raíñas na primeira fase da campaña de trampeo da vespa velutina impulsada polo Concello de Zas
- O Concello de Zas instala trampas para a vespa velutina en puntos sensibles
- O Concello de Zas pon en marcha unha campaña de trampeo para a vespa velutina
- O Concello de Zas esixe que a Xunta de Galicia asuma a súa responsabilidade na loita contra a vespa velutina