PROGRAMAS CULTURAIS


Programa de animación á lectura nas bibliotecas municipais

 

Dende hai varios anos desenvolvememos nas nosas Bibliotecas Municipais un programa de animación á lectura dirixidos aos máis novos da casa organizado polo Concello de Zas e coa colaboración de Trinke Trinke Teatro. Os ratiños de Lonxedetodo visítannos dúas veces ao mes durante o curso académico e traénos contancontos moi divertidos que nos convidan a reflexionar e a sumerxirnos no apaisoante mundo da lectura! 


Escola municipal de teatro infantil e para adultos

 

O Concello de Zas puxo en marcha hai máis de dez anos a Escola Municipal de Teatro Infantil e para Adultos e pola que xa pasaron ducias e ducias de actores e actrices. Naceu co obxectivo de ampliar a oferta cultural do noso municipio, promover novas capacidades entre o alumnado e fomentar o idioma galega.

No mes de maio realízase unha clausura coa interpretación de varias obras de teatro. 


Entroido

 

O concurso de disfraces que se celebra o Martes de Entroido no Pavillón Municipal de Zas é un dos principais atractivos da programación de entroido organizada polo Concello de Zas. Cada ano, súmanse a esta cita ducias de veciños e veciñas do noso municipio na que se reparten premios entre os concursantes e na que tampouco faltan as nosas tradicionais filloas á pedra.


Letras Galegas. Maio, mes das letras

 

Durante o mes de maio, coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas, organízanse diversas actividades encamiñadas a darlle visibilidade á nosa lingua e ao autor/a homenaxeada. Estas son algunhas delas:

  • Concurso de Marcapáxinas coa colaboración do CPI de Zas e CEIP Labarta Pose de Baio.
  • Actuacións musicais no CPI de Zas e CEIP de Baio
  • Representacións teatrais no CPI de Zas, CEIP de Baio e IES Maximino Romero Lema de Baio

Semana Santa

 

Co fin de conciliar a vida laboral e familiar da nosa veciñanza, durante as vacacións escolares de Semana Santa o departamento de Cultura de Zas organiza diferentes obradoiros que se realizan nos Centros Socioculturais de Zas e Baio


Zas no verán

 

Durante o verán, aproveitando as vacacións escolares, o Concello de Zas continúa coa súa oferta cultural na que teñen cabida actividades coma estas:

  • Festa Infantil. Campo de fútbol e piscina municipal de Zas
  • Obradoiros e xogos infantís para nenos e nenas nos Centros Socioculturais de Zas e Baio
  • Campamento en Naturmaz (3 días)
  • Curso de tiro con arco
  • Os venres a pé. Rutas de sendeirismo para pequenos/as
  • Excursión Aquapark de Cerceda
  • Día da Bici
  • Escola de Tenis de Mesa
  • Curso de natación. Nas piscinas municipais de Zas e Baio
  • Concentración de Motos clásicas
  • Trofeo de Fútbol Concello de Zas

Semana cultural

A semana previa á celebración da Festa da Carballeira, o departamento de Cultura do Concello de Zas pon en marcha un completo programa de actividades no que teñen cabida veciños e veciñas de todo o municipio independentemente da súa idade. Estas son algunhas delas:

  • Exposicións
  • Actuacións de música e baile tradicional
  • Obradoiros infantís
  • Obradoiros para adultos
  • Cursos de baile tradicional en colaboración coa AC Castro Meda
  • Charlas – coloquio
  • Conferencias
  • Presentacións de libros
  • Cine
  • Concurso de postres
  • Monólogos
  • Teatro e contacontos infantís
  • Teatro para persoas adultas
  • Pasarrúas
  • Concerto folk
  • Etc…

Zas no Nadal

 

Nunhas datas tan máxicas coma o Nadal o Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, deseña un programa no que os protagonistas son os máis novos da casa. Obradoiros, espectáculos infantís e a tradicional cabalgata de Reis son algunhas das actividades que se inclúen neste programa.

Compartir: