Revista ELAS
**Descarga a Revista Elas
Áreas de traballo
O Centro de Información á Muller (CIM) é un servicio gratuíto do Concello de Zas destinado a atender as demandas das mulleres de forma personalizada e confidencial.
Este departamento, creado o 14 de xuño de 2001, proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades.
Principios de actuación
- O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas
- O respeto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
- A gratuidade do servizo
- O respecto ao principio de confidencialidade que garantizará a privacidade das comunicacións.
Áreas de Traballo
As áreas nas que se traballa son as seguintes:
- Asesoría xurídica
- Asistencia Psicolóxica
- Información de recursos
- Atención específica ás mulleres víctimas de violencia de xénero
- Realización de actividades
Funcións das profesionais do CIM
Responsable do centro:
A responsable do Centro de información á muller, ten entre outras ,as seguintes funcións:
- Organización,coordinación, e xestión do Centro de Información á Muller
- Atención individualizada ás usuarias
- Atención específica ás mulleres víctimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición os recursos precisos para a corrección desta situación.
- Tramitación de axudas e teleasistencia para víctimas de violencia de xénero
- Impartición de módulos de igualdade
- Organización de actividades de: ocio, culturales (exposicións), deportivas, formativas
- Organización de conferencias sobre temas de interés para as mulleres, exposicións,
- Coordinación cos servicios de emprego para a participación do centro en diferentes cursos formativos dirixidos ás mulleres para favorecer a súa inserción laboral.
- Coordinación con servizos e organismos públicos ou privados.
- Calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a consecución da igualdade.
Atención xurídica (Abogada):
A asesora xurídica do Centro de Información á Muller abarcará as seguintes áreas:
- Dereito de familia: réxime económico matrimonial, separacións, divorcios, unións extramatrimoniales.
- Dereito Civil: herencias e sucesións, nacionalidade, vivienda, alquileres...
- Dereito Administrativo: extranxería, permiso de residencia, recursos.......
- Dereito Penal: malos tratos, agresión sexual, acoso sexual, impago de pensións.
- Dereito Laboral: contratación, protección maternidade, desemprego,...
- Otros Trámites: xustiza gratuita.
Atención psicolóxica (Psicóloga):
A Psicóloga do CIM desenvolve as seguintes funcións:
- Orientación e asesoramento psicolóxico en diferentes ámbitos: dificultades/ruptura de parella, problemas familiares, violencia doméstica, problemas académicos e laborales, acoso laboral...
- Terapias: individual, familiar e de parella transtornos de ansiedade, depresión, baixa autoestima, fobias, dependencias...
- Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas.
- Realización de informes psicolóxicos