O Auditorio de Baio acolle a clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil e a entrega de premios da IV Mostra de Teatro Afeccionado

08-06-2019

Mañá temos unha dobre cita co teatro afeccionado no Auditorio de Baio e vide preparados porque as risas están garantidas. Diso encargaranse os nenos e nenas que forman parte de XII Escola Municipal de Teatro Infantil, que pechará o curso 2018-2019 coa tradicional clausura.

Dirixidos por Marco Álvarez e Pablo Soto, os máis novos interpretarán cinco obras de teatro que levan por título “A moa”, “As catro comadres”, “Preparadas para saír”, “Como está o mundo” e “Os tres fillos do rei Leandro”.

Premios IV Mostra de Teatro

E a continuación, coñeceremos os gañadores da IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. Ao longo dos meses de marzo e abril, cinco compañías de teatro afeccionado interpretaron as obras que resultaron finalistas na presente edición.

A cuantía dos premios - que ascende a 3.500 euros – e a súa distribución. Así haberá cinco premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e outro premio de 200€ para a mellor obra valorada polo público. Ademais do premio en metálico, os gañadores recibirán un diploma acreditativo e un trofeo conmemorativo realizado polos usuarios e usuarias de Aspaber (Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños).

A IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose estivo marcada tanto polo número de entidades participantes como pola asistencia de público para ver cada unha das obras finalistas.

Novas relacionadas

Compartir: