Sen Cancelas Teatro, de Santa Comba, trae a súa obra “2010” á IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose
12-04-2019
A IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose volve mañá ao Auditorio Municipal de Zas. E diso encargarase o grupo Sen Cancelas Teatro que nos trae dende Santa Comba a súa obra de teatro “2010”. Un acontecemento real en abril de 2010 é o detonante desta obra de ficción na que os personaxes se coñecen entre si nunha situación excepcional das súas vidas e na que todos teñen un lugar a onde ir e unha razón para fuxir. A obra de teatro, dirixida a maiores de 12 anos, comeza ás 21:30 horas. A entrada é de balde.
Esta é a cuarta das cinco representacións deste certame de teatro afeccionado organizado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura e en colaboración co grupo Badius. Unha vez finalizada a representación, o público terá que valorala e en función destes datos outorgarase o Premio do Público dotado en 200€. En total repartiranse 3.500 euros que se distribuirán en premios de 900, 800, 700, 500 e 400 euros cada un que outorgará o xurado e que se entregarán nun acto que terá lugar o próximo 9 de xuño coincidindo coa clausura da XII Escola Municipal de Teatro Infantil.
Novas relacionadas
- O grupo de teatro Ultreia trae o seu musical “Chicago” á IV Mostra Labarta Pose
- A IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” continúa cunha comedia musical
- A Agrupación Teatral Mariñán abre a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”
- Relación definitiva de obras finalistas e reservas da IV Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose"
- Chega a IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” con cinco obras para todos os gustos
- Lista provisional e definitiva das obras admitidas na IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose
- A IV Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” bate marcas de participación con 43 obras presentadas
- O Concello de Zas pon en marcha a IV Mostra de Teatro Afeccionado con 3.500 euros en premios