As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo durante a Semana Santa

04-04-2017

Con motivo da Semana Santa, o Concello activa o programa de visitas teatralizadas nas Torres do Allo ademais de ampliar o seu horario de apertura co fin de dar a coñecer este emblemático edificio con máis de 500 anos de historia a todos os seus visitantes.

Visitas teatralizadas

A compañía Os Quinquilláns volverán a darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nunhas visitas teatralizadas que realizarán os días 14 e 15 de abril (venres e sábado) ás 13 horas. As visitas son gratuitas e están dirixidas a todos os públicos.

Trátase dunha representación teatral de carácter didáctica e lúdica de 35 minutos de duración coa que os asistentes percorrerán os distintos espazos do pazo.

Visitas guiadas

Por outra banda, o concello de Zas tamén ofrece visitas guiadas a todos os visitantes das Torres do Allo durante esta Semana Santa. O horario delas é todos os días ás 12 e ás 17 horas. Tamén é posible concertar unha visita guiada para grupos no número de teléfono 663 249 974.

Horario de visita

Respecto ao horario de apertura, as Torres do Allo ampliarán o seu horario durante esta Semana Santa. Así, dende o 8 ata o 16 de abril o pazo poderá visitarse entre as 11 e as 20 horas.

Para ampliar información contactar con:

Manuel García Velo (Concelleiro de Cultura de Zas): 670521212

Ligazóns

Descargas

Novas relacionadas

Compartir: