O Concello de Zas continúa coas visitas teatralizadas ás Torres do Allo

15-07-2016

O Concello de Zas pon en marcha “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas que terán lugar todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas.

Trátase dunha representación teatral de carácter didáctica e lúdica de 35 minutos de duración coa que os asistentes percorrerán este espazo tan emblemático do concello con máis de 500 anos de historia.

A compañía Os Quinquilláns encargarase de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo teatral aberto a todos os públicos no que visitantes e anfitrións percorrán tanto as estancias interiores como as exteriores do pazo onde terá lugar conflictos, contos e diálogos. 

Ésta é unha das actividades postas en marcha pola Concellería de Cultura dende que o concello de Zas xestiona as visitas e a difusión deste monumento turístico. 

Horario de verán

Ata o vindeiro 15 de setembro, o edificio das Torres do Allo abre de luns a domingo en horario de 11 a 20 horas.

 

Para ampliar información podedes contactar con

Lucho Penabade (Os Quinquilláns): 981 887 781 - 629 716 923

Manuel García Velo (Concelleiro de Cultura de Zas): 670.521.212

Descargas

Compartir: