Praza do Campo, 1. 15850. Zas. A Coruña.
+(34) 981 70 83 03
27-01-2017
O Concello de Zas estrea os novos folletos das Torres do Allo, un dos pazos máis antigos de Galicia e un dos mellores exemplos da vida nobiliar da alta idade media.
Durante os meses de inverno os horarios de visitas son de venres a domingo en horario de 11h. a 19h., no que se poden concertar visitas guiadas chamando con antelación e dentro do horario sinalado ao número 663.249.974, nas que se poden descubrir moitos segredos dos nobres que alí viviron. A entrada é gratuíta.