Alumnos e alumnas dos centros educativos de Zas e Baio visitan as Torres do Allo
10-11-2016
Alumnos e alumnas do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema visitan mañá as Torres do Allo para participar nunha visita guiada teatralizada.
Os membros da compañía Os Quinquilláns serán os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane para que os escolares coñezan un pouco máis da historia do pazo.
Esta actividade enmárcase dentro do porgrama de divulgación “Pazos da Terra” posto en marcha este verán pola concellería de Cultura de Zas, e no que participaron máis de 400 persoas.
Día: Venres, 11 de novembro de 2016-11-10
Lugar: Torres do Allo (Zas)
Horarios:
- CEIP Labarta Pose: 10.00 horas
- CIP de Zas: 11:30 horas
- IES Maximino Romero de Lema: 13.00 horas
Novas relacionadas
- Case 400 persoas participan nas visitas teatralizadas das Torres do Allo
- O Concello de Zas reanuda a actividade “Pazos da Terra"
- O Concello de Zas continúa coas visitas teatralizadas ás Torres do Allo
- O Concello de Zas pon en marcha “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas