Imaxes da visita do alumnado dos centros educativos de Zas e Baio ás Torres do Allo
14-11-2016
Alumnos e alumnas do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema visitaron este venres, 11 de novembro, as Torres do Allo para participar nunha visita guiada teatralizada.
Os membros da compañía Os Quinquilláns foron os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane para que os escolares coñecesen un pouco máis da historia do pazo.
Esta actividade enmárcase dentro do porgrama de divulgación “Pazos da Terra” posto en marcha este verán pola concellería de Cultura de Zas, e no que xa participaron máis de 400 persoas.
Novas relacionadas
- Alumnos e alumnas dos centros educativos de Zas e Baio visitan as Torres do Allo
- As Torres do Allo superan os 2.200 visitantes durante a campaña de verán
- Case 400 persoas participan nas visitas teatralizadas das Torres do Allo
- O Concello de Zas reanuda a actividade “Pazos da Terra"
- Suspensión das visitas teatralizadas ás Torres do Allo
- O Concello de Zas continúa coas visitas teatralizadas ás Torres do Allo
- O Concello de Zas pon en marcha “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas