Case 400 persoas participan nas visitas teatralizadas das Torres do Allo
09-09-2016
Case 400 persoas participaron nas visitas guiadas teatralizadas que tiveron lugar durante os domingos de xullo e agosto – do 10 de xullo ao 28 de agosto – nas Torres do Allo. “Pazos da Terra” foi o nome deste programa de divulgación organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Zas.
Os participantes chegaron dende diversos puntos tanto da Costa da Morte (Zas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Laxe,…) como do resto do estado. Entre os participantes nacionais, Madrid e Barcelona foron os principiais lugares de orixe. A maior parte dos asistentes ás visitas guiadas teatralizadas tiñan entre 30 e 50 anos seguidos dos maiores de 50 anos.
Os actores da compañía de teatro Os Quinquilláns encargaronse de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo gratuito no que os visitantes percorreron as estancias interiores e exteriores do pazo coñecendo o seu pasado dun xeito divertido.
Ésta foi unha das actividades postas en marcha polo Concello de Zas desde que se encarga da xestión e da difusión do monumento.
Horario
Por outra parte, ata o vindeiro 15 de setembro, as Torres do Allo continúan abertas todos os días en horario de 11 a 20 horas.
Novas relacionadas
- O Concello de Zas reanuda a actividade “Pazos da Terra"
- Suspensión das visitas teatralizadas ás Torres do Allo
- O Concello de Zas continúa coas visitas teatralizadas ás Torres do Allo
- O Concello de Zas pon en marcha “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas