Doazón pezas de olería de Buño para exposición na Torres do Allo
22-09-2016

O Concello de Zas na súa aposta pola promoción e dinamización do patrimonio cultural, vén de chegar a un acordo co Concello de Malpica para á doazón de varias pezas de olería de Buño, que se expoñerán permanentemente nas Torres do Allo.
O pazo máis antigo da Costa da Morte albergará no seu interior pezas da artesanía máis coñecida e recoñecida da nosa comarca. Unha aposta conxunta dos sous concellos por unir recursos na procura da promoción turística da Costa da Morte.
A entrega das pezas terá lugar o venres día 23 de setembro ás 10.30 horas, nas Torres do Allo coa presenza do Alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o xerente do Forno do Forte, Francisco Doval