As Torres do Allo superan os 2.200 visitantes durante a campaña de verán
21-09-2016
As Torres do Allo concluíron o pasado domingo a tempada de visitas de verán, época na este edificio emblemático do concello de Zas permaneceu aberto todos os días en horario de 11 a 20 horas. Nos tres meses que durou a campaña (do 15 de xuño ao 18 de setembro) rexistrouse a visita de máis de 2.200 persoas.
Dende a área de Cultura do Concello de Zas, dirixida por Manuel García Velo, puxéronse en marcha diversas actividades vinculadas á divulgación deste edificio histórico que gozaron dunha boa acollida entre os visitantes. Unha das que tivo maior repercusión foi o programa de visitas teatralizadas que se levou a cabo todos os domingos do mes de xullo e agosto e no que participaron case 400 persoas.
Procedencia
En canto á procedencia, cabe destacar que unha boa parte dos visitantes das Torres do Allo procederon do propio municipio de Zas e da cidade de A Coruña. Ata as instalacións tamén se achegaron veciños e veciñas doutros concellos limítrofes tales como Laxe, Vimianzo, Carballo, Malpica, Muxía, Ponteceso, entre outros.
Madrid, Barcelona, Asturias e Bilbao son os principais lugares de procedencia dos turistas de orixe nacional mentras que Alemaña, Holanda e Inglaterra foron os principais países de dos visitantes extranxeiros.