O Concello de Zas pon en marcha “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas
06-07-2016
O Concello de Zas pon en marcha “Pazos da Terra”, un programa de difusión das Torres do Allo, a través de visitas teatralizadas gratuítas que terán lugar todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas.
Trátase dunha representación teatral de carácter didáctica e lúdica de 35 minutos de duración coa que os asistentes percorrerán este espazo tan emblemático do concello con máis de 500 anos de historia.
A compañía Os Quinquilláns encargarase de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo teatral aberto a todos os públicos no que visitantes e anfitrións percorrán tanto as estancias interiores como as exteriores do pazo onde terá lugar conflictos, contos e diálogos.
Ésta é unha das actividades postas en marcha pola Concellería de Cultura dende que o concello de Zas xestiona as visitas e a difusión deste monumento turístico.
Horario de verán
Ata o vindeiro 15 de setembro, o edificio das Torres do Allo abre de luns a domingo en horario de 11 a 20 horas.
Para ampliar información podedes contactar con
Lucho Penabade (Os Quinquilláns): 981.887.781 – 629.716.923
Manuel García Velo (Concelleiro de Cultura de Zas): 670.521.212