Rematan as obras de mellora en varias estradas das parroquias de Zas, Baio e San Adrián
05-03-2021
Estes días remataron os traballos de mellora que se realizaron en varias estradas de titularidade municipal e que se concentraron nas parroquias de Zas, Baio e San Adrián. En concreto investirónse un total de 98.698,67€, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2019.
As obras consistiron na limpeza e apertura das cunetas e na renovación do firme cunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de groso. En total renováronse case 11.000 metros cadrados de estradas municipais que presentaban un notable deterioro debido á climatoloxía e ao seu uso. A empresa encargada de realizar os traballos foi Ponciano Nieto S.L.
Estas foron as estradas arranxadas:
- Carretera de Ponte “Relojero” a DP. 9302 (Zas)
- Rúa da Fábrica
- Vilar do Mato
- Carretera Carballeira de Zas - O Vento
- Carretera Carballeira de Baio - Parque infantil
- Carretera San Adrián - Brandomil (tramo Berbia - O Vento)
As obras entran dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Goberno Municipal de Zas que ten como finalidade mellorar a seguridade viaria así como a estética da nosa estensa rede de vías de titularidade municipal.
Novas relacionadas
- O Concello de Zas inviste máis de 95.000 euros no acondicionamento da súa rede viaria municipal
- Rematan os traballos de mellora en varios puntos da rede viaria do Concello de Zas
- Continúan os traballos de limpeza da rede viaria municipal e dos diferentes espazos públicos
- Comeza a campaña de limpeza de cunetas nos máis de 100 quilómetros da rede viaria de titularidade municipal
- O Concello de Zas mellora máis de 4.600 m² da súa rede viaria dentro dos núcleos de Baio, Gontalde e Pudenza
- O Concello de Zas aproba o plan provincial POS+ para o 2019 por case 500.000 euros
- O Concello de Zas inviste máis de 70.000 euros na mellora da rede viaria das parroquias de Baio e Meanos
- Comezan as obras para a mellora da seguridade viaria na Ponte de Sobreira
- Continúa a campaña de limpeza das cunetas da rede viaria do Concello de Zas
- A mellora da estrada de Baio Pequeno mellorará a seguridade viaria nunha zona con moito tránsito rodado e peonil