Rematan os traballos de mellora en varios puntos da rede viaria do Concello de Zas

15-10-2020

Co fin de mellorar a accesibilidade e a estética da rede viaria municipal, o Concello de Zas vén de renovar o firme en varias vías do termo municipal con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña POS+ 2019 e que en total supoñen un investimento de 67.869,06 euros. 

Os traballos desenvolvéronse nas últimas semanas nas parroquias de Lamas e Vilar. Concretamente afectaron ás estradas que comunican os lugares de Gomarís e Artón e Andregalla e Penedo e que, en ambos casos, presentaban un estado deficiente debido ao uso común delas e ás condicións climatolóxicas. As obras consistiron na limpeza previa do pavimento existente e na posterior renovación do firme cunha capa de dobre rego asfáltico. A empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. foi a encargada de realizar os traballos.

Estas obras entran dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Concello de Zas.

 

Compartir: