Comezan as obras para a mellora da seguridade viaria na Ponte de Sobreira

09-08-2018

Despois da demanda veciñal apoiada polo Concello de Zas, a Consellería de Infraestructuras e Vivenda comezará nos próximos días os traballos para a seguridade tanto de peóns como de vehículos na Ponte de Sobreira, na parroquia de Gándara, que se viu notablemente reducida dende a construción da Autovía da Costa da Morte.

Precisamente, no pasado mes de abril o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e un representante dos veciños afectados, José Andrade, mantiveron un encontro coa Conselleira de Infraestructuras e Vivenda – Ethel Vázquez - na que o Concello de Zas mostrou a súa disposición para colaborar na realización das obras co fin de garantir a seguridade da nosa veciñanza. “Alegrámonos da efectividade da demanda veciñal e máis cando son temas de gran importancia como é a seguridade viaria”, sinala Muíño.

Compartir: