Continúa a campaña de limpeza das cunetas da rede viaria do Concello de Zas
04-07-2018
Unha brigada do Concello de Zas traballa durante estes meses de verán na posta a punto dos centos de quilómetros da rede viaria do municipio aproveitando así a época de máis calor para que a limpeza sexa máis efectiva e os marxes viarios permanezan limpos durante o maior tempo posible.
A campaña de limpeza nas zonas rurais comezou o pasado mes de xuño polo que xa se limparon varios núcleos do municipio.Precisamente, neste momentos, a brigada atópase pola zona sur do concello. A campaña realizase cun tractor dotado dunha desbrozadora. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, comprobou o avance dos traballos e asegurou que “de aquí ao final do verán quedará limpa a rede viaria municipal mellorando así a visibilidade nas nosas estradas e deixando libres as canles de desagüe das agua pluviais”.
Ademais, esta limpeza integral da rede municipal de pistas, camiños e espazos públicos faise coincidir, sempre na medida do posible, cos días previos aos eventos e festas da cada unha das parroquias.
O resto do ano a campaña de desbroce céntrase na rede de pistas e camiños fortestais do municipio.