Continúan os traballos de limpeza da rede viaria municipal e dos diferentes espazos públicos

20-07-2020

 

Continúan os traballos de limpeza e posta a punto da rede viaria do Concello de Zas e dos diferentes espazos públicos dos que se encargan varias brigadas municipais xunto coas empresas empresas contratadas polo Concello para este fin. Para estas tarefas empréganse tanto medios mecánicos como manuais aproveitando a época de máis calor do ano co fin de que a limpeza sexa máis efectiva durante o maior tempo posible.

Despois de limpar xa varios núcleos do termo municipal, os traballos céntranse estes días nas parroquias de Muíño e de Meanos. 

Precisamente ata aquí se achegou esta mañá o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, onde puido comprobar o avance dos traballos. Muíño asegura que “de aquí ao final do verán quedará limpa toda a rede viaria municipal co fin de mellorar a visibilidade e a seguridade das nosas estradas e deixando libres as canles de desagüe das augas pluviais”.

Ainda que no verán se intensifican, estes traballos de limpeza e de posta a punto realízanse ao longo de todo o ano deixando para os meses do inverno a limpeza da rede de pistas e camiños forestais do noso municipio.

 

Campaña de desinfección

Esta campaña compleméntase cos traballos de limpeza e desinfección que se levaron a cabo no pasado mes de xuño nas aceras e espazos públicos nos distintos núcleos do Concello de Zas e dos que se encargaron os usuarios da Asociación Aspaber.

Para estas tarefas empreouse un limpador orgánico cunha composición a base de vinagre totalmente respectuoso co medio ambiente. 

Novas relacionadas

Compartir: