Comeza a campaña de limpeza de cunetas nos máis de 100 quilómetros da rede viaria de titularidade municipal
16-04-2019
Coa chegada da primavera e como vén sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Zas acaba de poñer en marcha a posta a punto de máis de 100 quilómetros da rede viaria de titularidade municipal composta por camiños e pistas asfaltadas e que se estenden ao longo das dezaseis parroquias do noso municipio.
A campaña consiste na limpeza integral das marxes viarias e coa que se pretende, por unha banda, mellorar a visibilidade e seguridade nas estradas e, por outra, limpar as canles de desaugue das augas pluviais que acumulan restos arrastrados das choivas dos meses pasados. A inversión total nestas tarefas é de 153.156,33 euros.
Estes traballos fanse coincidir sempre coa época do bo tempo co fin de que a limpeza sexa máis efectiva e os marxes viarios permanezan limpos durante o maior tempo posible.