O legado de Enrique Labarta Pose xa está exposto ao público no Centro Sociocultural de Baio

21-11-2021

 

O Centro Sociocultural de Baio acolleu onte a inauguración da exposición permanente do legado de Enrique Labarta Pose promovida polo Concello de Zas. Cómprense así as dúas condicións - que estivera en Baio e exposto ao público - que puxeron as irmáns Olga e Teresa Rojo despois de que no pasado mes de agosto cederan ao Concello de Zas a documentación orixinal de Labarta Pose herdada polo seu irmá “Pepe Valiña”.

Durante o acto inaugural, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, resaltou o gran valor histórico desta documentación entre a que se atopan libros do século XIX, revistas, primeiras edicións, recortes de xornais,… O filólogo Chema Rei Lema foi o encargado da catalogación e durante a presentación da mostra - que se pode ver de luns as venres en horario de tarde - debullou algúns dos detalles máis destacados do material. 

No acto de inauguración tamén interviu Jorge Mira, portavoz da Comisión Labarta Pose - quen asegurou que este era un chanzo máis para que na Real Academia Galega soase cada vez con máis forza o nome de Labarta e conseguir así o merecido Día das Letras Galegas para o escritor baiés.

Exposición itinerante

Nestes momentos a exposición itinerante sobre a vida e obra de Enrique Labarta Pose - inaugurada no pasado mes de xullo no paseo fluvial de Baio - está camiño do IES Maximino Romero de Lema de Baio despois do seu paso polo CEIP da vila. Pasados uns días, partirá cara o CIP de Zas e para outros centros educativos da comunidade para que os máis novos coñecezan e traballen as diferentes obras do escritor baiés.

 

Novas relacionadas

Compartir: