O Concello de Zas leva ao Congreso dos Deputados o peche das sucursais bancarias no rural
15-09-2021
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín; e o Deputado do BNG - Bloque Nacionalista Galego -, Nestor Rego; presentan mañá ás 12:00 horas no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei na que se insta ao Goberno Central a regular o sector bancario e evitar así o peche de máis oficinas, como o que realizou recentemente Abanca nos Concellos de Zas, Vimianzo e A Baña afectando de forma directa a unhas 10.000 persoas.
Dende o BNG consideran que o peche das oficinas bancarias é un grave problema que está a sufrir todo o país e que se acentúa especialmente no rural. O pasado 8 de setembro, Abanca pechou varias sucursais na nosa comunidade e entre elas as de Zas, Baíñas e A Baña. No momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches entre as que están a solicitude dunha reunión co presidente da Xunta de Galicia, unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias - FEGAMP -, unha
concentración diante destas oficinas bancarias e unha manifestación na Coruña á que asistiron máis de 500 persoas.
“Seguimos na idea de que imos esgotar todas as posibilidades para lograr que a entidade reconsidere esta decisión polo que as accións non remataron o día 8 co peche das sucursais”, sinala o alcalde de Zas.
Novas relacionadas
- Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña reiteran a súa petición dunha entrevista co presidente da Xunta para evitar o peche de oficinas de Abanca
- Entregadas 5.500 firmas para esixir a Abanca que non peche as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña
- A manifestación contra o peche de oficinas de Abanca provoca unha gran repercusión mediática
- Máis de 500 veciñas e veciños dos concellos de A Baña, Vimianzo e Zas mobilízanse para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios
- Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña instan á veciñanza doutros concellos afectados polo peche de oficinas de Abanca a acudir a manifestación do xoves na Coruña
- O Alcalde de Zas trasládalle á portavoz do BNG o malestar da veciñanza polo peche da oficina de Abanca da vila
- O Concello de Zas habilita autobuses para asistir á manifestación do 2 de setembro na Coruña contra o peche de sucursais de Abanca
- Máis de 200 veciños e veciñas de todo o municipio participaron na concentración desta mañá para reixeitar o peche da oficina de Abanca de Zas
- O Concello de Zas convoca unha concentración para rexeitar o peche da oficina de Abanca
- Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste último ano
- Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña solicitan unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para evitar o peche de oficinas de Abanca
- A Baña, Vimianzo e Zas anuncian mobilizacións conxuntas para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios
- O Goberno Municipal de Zas oponse ao peche da oficina de Abanca da vila