Entregadas 5.500 firmas para esixir a Abanca que non peche as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña
07-09-2021
Máis de 5.500 persoas firmaron nas follas habilitadas para tal fin para esixirlle a Abanca que non peche as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña. As peticións promovidas polo Concello de Zas, o Concello de Vimianzo e o Concello de A Baña entregáronse esta mañá na sede central de Abanca na Coruña por Manuel Muíño (alcalde de Zas), Mónica Rodríguez (alcaldesa de Vimianzo) e José Antonio Pereira (alcalde de A Baña).
Os tres rexedores anunciaron que continuarán realizando accións conxuntas despois de que Víctor Esmorís, xefe de zona de Abanca, lles confirmase a decisión unilateral da empresa de pechar mañá, 8 de setembro, as oficinas de Zas, Baíñas e A Baña. Neste sentido nos vindeiros días establecerase unha nova liña de accións conxuntas debido a que estes peches que afectan directamente a uns 10.000 veciños e veciñas da zona.
Dende o momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches. Ata o momento solicitaron unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, reuníronse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias - FEGAMP -, promoveron unha concentración no mesmo día e á mesma hora diante de cada unha destas oficinas e convocaron unha manifestación diante da sede de Abanca na Coruña á que acudiron máis de 500 veciñas e veciños afectados.
Novas relacionadas
- A manifestación contra o peche de oficinas de Abanca provoca unha gran repercusión mediática
- Máis de 500 veciñas e veciños dos concellos de A Baña, Vimianzo e Zas mobilízanse para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios
- Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña instan á veciñanza doutros concellos afectados polo peche de oficinas de Abanca a acudir a manifestación do xoves na Coruña
- O Alcalde de Zas trasládalle á portavoz do BNG o malestar da veciñanza polo peche da oficina de Abanca da vila
- O Concello de Zas habilita autobuses para asistir á manifestación do 2 de setembro na Coruña contra o peche de sucursais de Abanca
- Máis de 200 veciños e veciñas de todo o municipio participaron na concentración desta mañá para reixeitar o peche da oficina de Abanca de Zas
- O Concello de Zas convoca unha concentración para rexeitar o peche da oficina de Abanca
- Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste último ano
- Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña solicitan unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para evitar o peche de oficinas de Abanca
- A Baña, Vimianzo e Zas anuncian mobilizacións conxuntas para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios
- O Goberno Municipal de Zas oponse ao peche da oficina de Abanca da vila