Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña instan á veciñanza doutros concellos afectados polo peche de oficinas de Abanca a acudir a manifestación do xoves na Coruña
31-08-2021
Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña fan un chamamento a todos os veciños e veciñas doutros concellos afectados polo peche de oficinas de Abanca para asisitir á manifestación deste xoves, 2 de setembro, ás 11:30 horas diante da sede de Abanca na Coruña.
Tal e como indicaron os rexedores na rolda de prensa que ofreceron o pasado 13 de agosto para anunciar a batería de accións conxuntas que están a levar a cabo, o peche das oficinas de Zas, Baíñas e A Baña afecta directamente a unhas 10.000 persoas destes concellos e doutros limítrofes. Os tres rexedores coinciden en que toda Galicia hai miles de persoas afectadas por estes peches polo que fan un chamamento á cidadanía para que o malestar coa entidade bancaria se visibilice na manifestación deste xoves na Coruña.
Abanca pechou doce oficinas nos últimos tres meses e ten previsto cerrar outras nove a principios de setembro. Ao longo destes días, outros rexedores da provincia confirmaron a súa asistencia á protesta deste xoves na Coruña e xunto con Manuel Muíño, Mónica Rodríguez e José Antonio Pereira encabezarán a manifestación.
Novas relacionadas
- O Alcalde de Zas trasládalle á portavoz do BNG o malestar da veciñanza polo peche da oficina de Abanca da vila
- O Concello de Zas habilita autobuses para asistir á manifestación do 2 de setembro na Coruña contra o peche de sucursais de Abanca
- Máis de 200 veciños e veciñas de todo o municipio participaron na concentración desta mañá para reixeitar o peche da oficina de Abanca de Zas
- O Concello de Zas convoca unha concentración para rexeitar o peche da oficina de Abanca
- Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste último ano
- Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña solicitan unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para evitar o peche de oficinas de Abanca
- A Baña, Vimianzo e Zas anuncian mobilizacións conxuntas para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios
- O Goberno Municipal de Zas oponse ao peche da oficina de Abanca da vila