O Concello de Zas habilita autobuses para asistir á manifestación do 2 de setembro na Coruña contra o peche de sucursais de Abanca

27-08-2021

 

O Concello de Zas habilita varias liñas de autobús para todos aqueles veciños e veciñas que o desexen poidan asistir á manifestación convocada para o próximo 2 de setembro diante da sede de Abanca da Coruña ás 11:30 horas.

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, anima a toda a veciñanza a participar nesta manifestación convocada polos Concellos de Zas, Vimianzo e A Baña e á que tamén se sumarán veciños e veciñas doutros municipios nos que está previsto de forma inmediata o peche de sucursais de Abanca. “Imos esgotar todas as posibilidades que temos na nosa man para lograr que Abanca reconsidere esta decisión”, sinala Muíño.

Co fin de facilitar os desprazamentos da veciñanza, o Concello de Zas fletará varios autobuses. Estes son os horarios e os puntos de saída:

  • 09:00 horas: Limideiro (Brandomil). Taberna de Isidro
  • O9:15 horas: Marán (Muíño). Diante da taber Suárez
  • 09:30 horas: San Martiño de Meanos. Diante da igrexa
  • 09:45 horas: Zas. Praza do Concello
  • 09:30 horas: Baio. Parada de autobuses
  • 09:40 horas: Lamas. Diante do estanco
  • 09:50 horas: Carreira. Cruce da praia fluvial
  • 10:00 horas: Sixto (Gándara). Diante da escola

 

Co fin de cumprir todas as medidas de hixiene e seguridade da Covid19 é necesario anotarse antes do 1 de setembro en calquera destes números de teléfono:

  • Casa do Concello: 981 70 83 03 (de 08:00 a 14:00 horas)
  • Centro Sociocultural de Zas: 981 75 13 98 (de 09:00 a 14:00 horas)
  • Centro Sociocultural de Baio: 981 71 80 56 (de 09:00 a 14:00 horas) 

Accións conxuntas

A manifestación do vindeiro 2 de setembro é outra das accións conxuntas que teñen en marcha os rexedores de Zas, Vimianzo e A Baña para evitar o peche de oficinas que Abanca ten previsto facer nos tres municipios o vindeiro 8 de setembro e que afecta directamente a unhas 10.000 persoas. 

 

Novas relacionadas

Compartir: