O Concello de Zas convoca unha concentración para rexeitar o peche da oficina de Abanca
23-08-2021
O Concello de Zas anima a toda a veciñanza a participar na concentración que terá lugar o vindeiro mércores, 25 de agosto, ás 13:00 horas diante da Casa do Concello para rexeitar o peche da oficina de Abanca da vila.
E
se mesmo día é a mesma hora tamén haberá concentracións diante das oficinas de Abanca de Baíñas e de A Baña. Esta é outra das accións conxuntas levadas a cabo polos tres municipios para evitar o peche destas sucursais previsto para o vindeiro 8 de setembro.
Ademáis, estase a preparar outra manifestación que se celebrará o vindeiro 2 de setembro diante da sede de Abanca de A Coruña na que participarán representantes dos tres municipios e toda veciñanza afectada por estes peches tanto dos propios concellos como doutros limítrofes.
Novas relacionadas
- Os alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña acordan co presidente da Fegamp radiografiar o abandono do rural por parte de Abanca neste último ano
- Os Alcaldes de Zas, Vimianzo e A Baña solicitan unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para evitar o peche de oficinas de Abanca
- A Baña, Vimianzo e Zas anuncian mobilizacións conxuntas para evitar o peche de oficinas de Abanca nos seus municipios
- O Goberno Municipal de Zas oponse ao peche da oficina de Abanca da vila