O Centro de Información á Muller de Zas atendeu máis de 300 consultas durante o 2020
21-01-2021
O CIM - Centro de Información á Muller - de Zas atendeu durante o 2020 a un total de 73 mulleres e recibiu máis de 300 consultas. En concreto atendéronse 316 consultas de todo tipo sendo as máis numerosas as que se engloban no apartado de asesoramento xurídico que tivo ao longo do ano pasado un total de 110 consultas. Ademáis houbo 100 consultas de atención psicolóxica, 56 doutras cuestións máis xenéricas, 27 de atención directa a vítimas de violencia machista e 23 sobre os diferentes recursos existentes. No CIM de Zas aténdese non só a mulleres e a vítimas de violencia de xénero do noso municipio, se non que tamén a procedentes dos concellos de Vimianzo, Cabana e Laxe.
O Centro de Información á Muller é un servizo gratuíto do Concello de Zas que leva en funcionamento dende o 2001 e que atende as demandas das mulleres de forma personalizada e confidencial. Entre os servizos que ofrece o equipo que atente o CIM de Zas - formado por unha psicóloga, unha asesora xurídica e unha axente de Igualdade - están: facilitar información sobre cuestións xurídicas en canto a separacións, divorcios,…; axuda psicolóxica; laboral, educativa así como calquera outra información encamiñada a fomentar a igualdade das mulleres. Ademáis, dende o CIM tamén se informa e asesora ás mulleres sobre os recursos existentes para a prevención da violencia e préstaselle axuda ás vítimas de violencia machista.
O CIM está ubicado no antigo edificio da Cámara Agraria de Zas que está situado na Travesía de Santiago, nº 40. As persoas que o necesiten poden poñerse en contacto co persoal do centro a través do número de teléfono 981 70 83 03 en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.
Actividades
Dende o CIM de Zas realizánse diferentes actividades durante todo o ano encamiñadas a promover a igualdade e a loitar contra a violencia machista. Un dos programas de maior éxito e que se realiza ano tras ano son as actividades para adultos nas que se inclúen as clases de ximnasia, zumba, pilates, bordado,… e moitas máis. Concretamente no 2020 participaron 332 mulleres e 57 homes ainda que se viron interrumpidas pola pandemia provocada pola Covid19. Aínda que se realizan actividades durante todo o ano, as accións intensifícanse en datas como o 8 de marzo, Día Internacional da Muller; e o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nestas datas realízanse diferentes obradoiros e charlas que se realizan principalmente nos centros de educación do noso municipio. Ademais, o Concello de Zas está adherido ás campañas Na Costa da Morte rompemos o silencio, impulsada polo GDR Costa da Morte, En Negro Contra As Violencias, coas que se desenvolven diferentes accións de sensibilización social contra as violencias machistas entre os diferentes colectivos sociais.
Novas relacionadas
- Manifesto 25 de novembro de 2020
- Confecciones Valiña e Modas Lodi gañan o concurso de escaparates “En Negro Contra as Violencias”
- Zas participa por terceiro ano consecutivo na campaña “En Negro contra as violencias”
- Máis de cen comercios e bares do concello de Zas tinguiranse de negro para denunciar a violencia machista
- A feira de Baio e o mercadillo de Zas contarán cun “Punto Violeta”
- O obradoiro de xogos e máscaras "Eu son cabaleiro, princesa ou dragón?" triunfa nos centros educativos do Concello de Zas
- Zas tínguese de negro para loitar contra as violencias machistas
- Zas pon en marcha a campaña “Contra as violencias machistas, educación” con actividades para toda a veciñanza
- O Concello de Zas edita unha Axenda Escolar Contra as Violencias para o curso 2019/2020
- Máis de 300 persoas tinguen de negro a praza do Concello de Zas en contra das violencias