O obradoiro de xogos e máscaras "Eu son cabaleiro, princesa ou dragón?" triunfa nos centros educativos do Concello de Zas

03-12-2019

 

Un total de 112 alumnos e alumnas de Educación Primaria dos CEIP Labarta Pose de Baio e do CPI de Zas participaron o pasado día 27 de novembro no obradoiro de xogos e máscaras "Eu son cabaleiro, princesa ou dragón?".

Nos talleres, de hora e media de duración, empregouse o teatro para comprender dun xeito creativo e lúdico aspectos tan importantes como a diversidade de xénero, as violencias invisibles e aprender sobre o respecto e a integración da diversidade. O feito de que se tratara dun xeito tan creativo e participativo esta temática fixo que os obradoiros foran todo un éxito entre os máis novos. Esta foi unha actividade realizada con fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado Contra la Violencia de Género promovido por el Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad.   

Máis actividades do 25N 

Esta foi unha das actvidades postas en marcha polo Concello de Zas para conmemorar o 25 de novembro como o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Xunto con esta, tamén se desenvolveron outras actividades tales como unha marcha contra a violencia que se realizou o propio 25 de novembro e na que participaron escolares dos centros educativos do noso municipio, persoal dos distintos departamentos municipais e a propia veciñanza.  

 

Novas relacionadas

Compartir: