O Concello de Zas edita unha Axenda Escolar Contra as Violencias para o curso 2019/2020
20-06-2019
Ainda que este curso académico non rematou, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º do CPI de Zas e 5º e 6º do CEIP Labarta Pose de Baio xa teñen as súas Axendas Escolares para o exercicio 2019/2020 preparadas.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; a Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Patricia Fariña; e a responsable do CIM de Zas, Carmen Espasandín, repartiron onte entre o alumnado as “Axendas Escolares Contra as Violencias” editadas polo Concello de Zas. Os cadernos conteñen debuxos e frases como “Todxs podemos ser o que queiramos”, “Non sigas os esteriotipos” e “Violencia fora, igualdade dentro” realizadas polo propio alumnado no marco dun obradorio de catro sesións que realizaron no pasado mes de abril.
Esta iniciativa forma parte dun programa de concienciación e sensibilización posto en marcha polo Concello de Zas a través do cal se persegue combater a violencia de xénero e as desigualdades. Moitas das actividades deste programa leváronse a cabo nos diferentes centros educativos do noso municipio ao longo de todo o curso escolar. Unha das máis chamativas e maior repercusión tivo entre a veciñanza foi a de encher de poemas sobre a igualdade os diferentes locais comerciais, establecementos hostaleiros e edificios públicos do noso municipio.
“Con este programa pretendemos implicar aos diferentes axentes sociais para entre todos formar unha sociedade igualitaria”, sinala Patricia Fariña, Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude do Concello de Zas.
Novas relacionadas
- Os establecementos comerciais do Concello de Zas énchense de poemas para conmemorar o Día Internacional da Muller
- O CPI e o Concello de Zas levan a Rosalía de Castro aos establecementos comerciais
- Confecciones Valiña e Modas Lodi gañan o concurso de escaparates “En Negro Contra as Violencias”
- A campaña de sensibilización contra as violencias continúa nos centros educativos do Concello de Zas
- Máis de 300 persoas tinguen de negro a praza do Concello de Zas en contra das violencias
- Zas participa por terceiro ano consecutivo na campaña “En Negro contra as violencias”