Os Premios Fouciño chegan aos comercios
26-06-2018
Esta terceira edición dos Premios Fouciño vén cargada de novidades! A última é unha colaboración que se vén de materializar cos comerciantes da vila a través da distribución de bolsas de papel. Nesta ocasión, será o pequeno comercio o encargado de darlle difusión a este festival de cinema entre a súa clientela chegada dende distintos puntos da comarca.
E para iso, o Concello de Zas iniciou hoxe o reparto de bolsas de papel entre os comercios do municipio co fin de que se utilicen durante esta semana, a semana dos Premios Fouciño. Esta é unha iniciativa que persegue implicar aos comerciantes nesta actividade “contribuíndo entre todos e todas a que o noso municipio sexa un referente do sector audiovisual”. As bolsas son de papel reciclado e son reutilizables. Nelas figuran o logo dos Premios Fouciño así como os do Concello de Zas e o da Deputación da Coruña.
Proxeccións
Hoxe continúan as proxeccións no edificio Pomares de Baio no marco da Semana do Audiovisual. E será cunha sesión triple que comeza ás 21:30 horas. Escarabana – da actriz Sara Casasnovas -; Deuteronomio 7.20 – de Marta Piñeiro – e Matria – de Álvaro Gago e que tivo xa numerosos recoñecementos – serán as proxeccións de mañá. A entrada é de balde.
Novas relacionadas
- Relación definitiva de participantes admitidos e excluídos na convocatoria da III edición dos Premios Fouciño
- Entregados os premios do concurso de marcapáxinas
- Relación provisional de participantes admitidos e excluídos na convocatoria da III edición dos Premios Fouciño
- Últimos días para participar nos Premios Fouciño
- Ampliado o prazo para participar nos Premios Fouciño
- Os Premios Fouciño congregan na súa terceira edición a referentes do panorama audiovisual e musical galego
- O Concello de Zas organiza a III edición dos Premios Fouciño