Últimos días para participar nos Premios Fouciño
06-06-2018
O concurso de curtas dos Premios Fouciño, que organiza o Concello de Zas, pecha este venres día 8 de xuño o prazo para participar. No concurso, que se divide en dúas categorías (centros de ensino e público en xeral), repartiranse 1.000 euros en premios.
A temática é libre e as pezas deberán ter unha duración máxima de cinco minutos e ser en galego ou posuír os subtítulos en galego. Entre todas as pezas presentadas na categoría libre seleccionaranse dez curtametraxes finalistas e outras tres de reserva. No caso da categoría para centros de ensino, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos, pasarán á final todas as curtas presentadas. As bases do concurso pódense consultar a través da seguinte ligazón: http://concellodezas.org/media/documentos/BASES_III_Premios_Foucino_Baio_29.05.2018.pdf