Entregados os premios do concurso de marcapáxinas
22-06-2018
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, entregou estes días os premios aos gañadores do X Concurso de Marcapáxinas organizado polo Concello a través das Bibliotecas Municipais de Baio e Zas. Ademais de felicitar aos gañadores, Muíño destacou a boa participación que ten este concurso así como a orixinalidade dos traballos presentados polo alumnado do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose, que é a quen vai dirixido o certame.
As gañadoras desta edición foron:
CATEGORÍA A (ata os 5 anos)
- Wiam Essaidi Rahhou, do CEIP Labarta Pose
- Claudia Baña Ferreiro, do CPI de Zas
CATEGORÍA B (de 1º a 5º de Primaria)
- Andrea Otero Rego, do CPI de Zas
- Claudia Lema Rial, do CEIP Labarta Pose
CATEGORÍA C (de 6º de Primaria e 4º de ESO)
- Sheila Souto Grille, do CEIP Labarta Pose
- Jimena Moreno López, do CEIP Labarta Pose
Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2019. Cada un dos premios consistiu nun lote de libros. Este é un concurso que se enmarca dentro do programa especial adicado as Letras Galegas “Maio, mes das letras”. Parabéns a todos/as os/as participantes!