BNG e PP acordan adicarlle a praza de Baio a Jorge Mira
31-01-2022
A nova praza de Baio pronto pasará a chamarse oficialmente “Praza Jorge Mira Pérez” despois do acordo ao que chegaron os dous grupos que forman a Corporación Municipal do Concello de Zas, o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular. A proposta farase oficial na próxima sesión plenaria.
Segundo indican Óscar Lema, portavoz do BNG; e David Brandariz, portavoz do PP; a elección do nome está motivado polas cualidades humanas e polo exitoso currículo de Jorge Mira que, ademais de ser veciño de Baio, sempre presume da súa vila do seu concello nos múltiples actos institucionais nos que participa.
Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático en electromagnetimo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é investigador, divulgador científico, membro da Real Academia Galega e ten unha gran infinidade de destacados premios.
Descargas
Novas relacionadas
- A nova praza de Baio xa é unha realidade
- A partir de mañá queda aberta a zona de aparcamento na nova praza de Baio con capacidade para 70 vehículos
- O Concello de Zas inviste nos últimos seis meses máis de 730.000 euros na mellora de infraestruturas
- Avanzan a moi bo ritmo as obras da praza de Baio nas que o Concello de Zas inviste máis de 314.000 euros
- Aprobado o levantamento dos terreos nos que se construirá a nova praza de Baio
- Aprobado o proxecto de urbanización da futura praza de Baio que terá un orzamento de máis de 384.000 euros