A partir de mañá queda aberta a zona de aparcamento na nova praza de Baio con capacidade para 70 vehículos
17-12-2021
O centro de Baio contará a partir de mañá, ás 11:00 horas, con 70 novas prazas de aparcamento gratuítas e situadas no centro da vila. O Concello de Zas decidiu abrir a zona de estacionamento da nova praza de Baio co fin de potenciar o comercio e hostalaría local en plena campaña de Nadal.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, sinala que “ainda que as obras están practicamente rematadas decidimos abrir de forma inmediata esta zona de aparcamentos situada en pleno centro de Baio co fin de contrubuír a reactivación da economía e do comercio local en plena campaña de Nadal”.
Accesos
A esta zona de aparcamento, que será totalmente gratuíta, poderase acceder desde dous puntos diferentes da rúa Bispo Romero Lema. Unha será dende a rúa Herbais da Ponte, que a partir de mañá pasa a ser de sentido único co fin de mellorar tanto o tráfico rodado como o peonil nesta zona. O outro acceso será dende a Casa Ovidio. Aquí habilitaranse dous carrís, un de entrada e outro de saída.
Unha vez que as obras estén totalmente rematadas, o Concello de Zas inaugurará de forma oficial a nova praza de Baio; un espazo moi demandado pola veciñanza e no que se investiron un total de 314.988,72€.
Novas relacionadas
- O Concello de Zas inviste nos últimos seis meses máis de 730.000 euros na mellora de infraestruturas
- Avanzan a moi bo ritmo as obras da praza de Baio nas que o Concello de Zas inviste máis de 314.000 euros
- Aprobado o levantamento dos terreos nos que se construirá a nova praza de Baio
- Aprobado o proxecto de urbanización da futura praza de Baio que terá un orzamento de máis de 384.000 euros
- Aprobada a ocupación dos terreos nos que se construirá a nova praza de Baio