O Concello de Zas inviste nos últimos seis meses máis de 730.000 euros na mellora de infraestruturas

10-11-2021

 

O Concello de Zas ten en marcha actualmente varios proxectos de mellora de infraestruturas que se están a acometer en distintos lugares do noso concello. En total, o goberno municipal leva investidos dende o pasado mes de xuño 732.106,80€ que se destinaron a financiar melloras en distintas parroquias do concello. Estas son as actuacións que se realizaron nos últimos meses así como as que están en fase de execución:

  • Aglomerado en Meanos: 67.856,80€
  • Urbanización do novo campo da feira de Baio: 314.988,72€
  • Melloras nas estradas municipais de Fornelos, O Couto, As Pedrisqueiras, Teixidón en San Roque: 54.371,20€
  • Acondicionamento das áreas de estacionamento e de acceso ao campo municipal de fútbol e ao tanatorio de Zas: 92.498,96€
  • Ampliación do ancho das estradas municipais de A Churía, A Vicenta e Sobreira: 64.630,59€
  • Renovación das beirrarúas e da rede de saneamento na avenida da Cacharosa (Baio): 117.899,34€
  • Mellora da eficiencia enerxética no alumeado público e renovación de cadros eléctricos: 6.314,03€
  • Reitrada e xestión de lodos: 6.287,16€
  • Asistencia técnica: 7.260,00€

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, considera que “todos son investimentos de gran relevancia, que dan resposta ás demandas veciñais e que entran dentro dos proxectos planificados nesta lexislatura”. Ademais destas actuacións, nos vindeiros meses o Concello de Zas executará as obras de ampliación da Escola Infantil de Zas grazas as cales se ofertarán dez novas prazas para nenas e nenos de 0 a 3 anos. Manuel Muíño e Óscar Lema, Tenente de Alcalde, achegáronse ata a nova área de estacionamento do tanatorio municipal. 

 

Compartir: