Tramitados case 70 documentos na primeira visita do ano da unidade móbil do DNI

18-02-2019

 

Esta mañá desprazouse ata as dependencias do Concello de Zas unha das unidades móbiles do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte de case 70 veciños e veciñas de Zas e doutros municipios limítrofes. A documentación tramitada no día hoxe deberá recollerse o vindeiro mércores, 20 de febreiro, na casa consistorial.

Este servizo, que deixara de funcionar hai dez anos, recuperouse a finais do ano 2017 despois das xestions realizadas polo Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín. Ao longo do 2018, a unidade móbil do DNI estivo en dúas ocasións e Zas mentras que este ano estará en tres datas diferentes. “O feito de que practicamente se cubrirá o cupo en todas as ocasións demostra a importancia que teñen este tipo de servizos no rural”, sinala o rexedor.

Próximas citas

Ao longo deste ano a unidade móbil do DNI desprazarase a Zas en dúas ocasións máis. As próximas visitas son o 10 de maio e o 10 de outubro. Polo que os/as interesados/as xa poden pedir cita no 981 70 83 03.

Novas relacionadas

Compartir: