A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional regresa a Zas
02-03-2018
A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazouse esta mañá até as dependencias do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dun total de 69 veciños e veciñas do noso concello e doutros limítrofes. A documentación tramitada no día hoxe deberá recollerse o vindeiro martes, 6 de marzo, en horario de 09:00 a 10:00 horas na casa do Concello de Zas.
Grazas ás xestións realizadas polo Alcalde, Manuel Muíño, Zas recupera deste xeito un servizo que deixara de funcionar hai dez anos a consecuencia dos recortes causados pola crise económica. O feito de que se cubriran todas as citas previstas demostra a importancia que ten achegar este tipo de servizos á veciñanza evitando así desprazamentos a Carballo, Santiago de Compostela ou A Courña.
Próxima visita
A unidade móbil de tramitación do DNI desprazarase novamente a Zas a finais deste ano, concretamente o 29 de novembro.