A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI desprázase a Zas o próximo 29 de novembro
19-11-2018
O próximo 29 de novembro, unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase ata as dependencias do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do noso concello así como doutros limítrofes.
Os trámites realizaranse en horario de 09:30 a 13:15 horas e ainda quedan prazas vacantes, polo que os/as interesados/as poden pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03 onde lle indicarán a documentación necesaria en caso de que sexa a primeria expedición ou renovación.
Esta é a segunda vez dentro deste ano que a unidade móbil do DNI se despraza ata Zas. Este servizo, que deixara de funcionar hai dez anos a consecuencia dos recortes causados pola crise económica, recuperouse grazas ás xestións realizadas polo Alcalde, Manuel Muíño Espasandín.