A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI desprazase tres días a Zas ao longo do 2019

07-01-2019

Unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase en tres ocasións ao longo deste 2019 ata as dependencias municipais do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do noso concello así como doutros limítrofes.

Os trámites poderanse realizar en horario de 09:30 a 13:15 horas os días 18 febreiro, 10 de maio e 10 de outubro. Os/as interesados/as poden pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03 onde lle indicarán a documentación necesaria en caso de que sexa a primeria expedición ou renovación. O cupo máximo de cada un dos días é de 70 persoas.

Este servizo recuperouse o ano pasado despois de que deixara de funcionar hai uns dez anos a consecuencia dos recortes derivados da crise económica. As xestións realizadas no seu momento polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, co xefe da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela permitiron recuperar este servizo moi demandado pola veciñanza.

Compartir: