A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI desprázase ata Zas o próximo luns
14-02-2019
Unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase o próximo luns, 18 de febreiro, ata as dependencias municipais do Concello de Zas para tramitar as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou pasaporte dos veciños e veciñas do noso concello así como doutros limítrofes.
Os trámites poderanse realizar en horario de 09:30 a 13:15 horas. Os/as interesados/as poden pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03 onde lle indicarán a documentación necesaria en caso de que sexa a primeria expedición ou renovación. O cupo máximo é de 70 persoas.
Novas relacionadas
- A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI desprazase tres días a Zas ao longo do 2019
- A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI desprázase a Zas o próximo 29 de novembro
- A unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional regresa a Zas
- Unha unidade móbil do DNI desprazase a Zas o vindeiro 2 de marzo