Unha unidade móbil do DNI desprazase a Zas o vindeiro 2 de marzo
20-02-2018

O vindeiro 2 de marzo, unha unidade móbil do servizo de tramitación do DNI da Policía Nacional desprazarase ata o noso concello para atender as solicitudes de renovación e expedición do Documento Nacional de Identidade e/ou do pasaporte por parte das persoas que o precisen. Atenderá un total de 65 persoas que deberán pedir cita previa chamando ao 981 70 83 03.
Grazas ás xestións realizadas polo alcalde – Manuel Muíño – co xefe da Comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, o Concello de Zas recupera deste xeito un servizo que deixara de funcionar hai dez anos a consecuencia dos recortes causados pola crise económica. Muíño indica que éste é un servizo básico e que desta forma se evitan desprazamentos da veciñanza ate as comisarías de Santiago de Compostela ou da Coruña.
Cara finais de ano, concretamente o día 29 de novembro, a unidade móbil do DNI desprazarase novamente ata Zas.