Baio acolle unha nova edición da Universidade Sénior

11-02-2022

 

Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Grupo de Desenvolvemento Rural “Costa da Morte” e o Concello de Zas, a 4ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e abril, no Centro Sociocultural de Baio. 

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Costa da Morte (https://udcseniorcostadamorte.wordpress.com/ )  ou presencialmente a través dos ADL (Axentes de Desenvolvemento Local) dos diferentes concellos ata o 20 de febreiro

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas: 

MÓDULO I: PATRIMONIO SOCIAL E CULTURAL 

  • Língua e Literatura Galegas”Prof. X. López Viñas. 23 de febreiro, de 17 a 19 h. 
  • “Camiños da Arte Contemporánea”Prof. J. Ramón Soraluce Blond. 24 de febreiro, de 17 a 19 h. 
  • “Catro Etapas da Arquitectura Antiga de Galicia”Prof. Álvaro J. Iglesias Maceiras. 2 de marzo, de 17 a 19 h.  
  • Visita cultural no entorno da Costa da Morte. 4 de marzo de 2022, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

MÓDULO II: MEDIO AMBIENTE E SUSTENTABILIDADE 

  • “Enxeñaría e Tecnoloxía Ambiental”. Prof. M. Soto Castiñeiras. 9 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • “Agronomía do Mar”Prof. J. Cremades Ugarte. 10 de marzo, de 17 a 19 h.  
  • “Agronomía Terrestre”Prof. Federico Pomar Barbeito.  16 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • Saída de campo no entorno da Costa da Morte. 18 de marzo, de 10:30 a 13:30 horas. 

 

MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR 

  • “Viaxe cara un sono mellor”Prof. C. de Labra Pinedo. 23 de marzo de 2022, de 17 a 19 h. 
  • “Coidamos no Fogar: Estratexias para Coidadores de Persoas Dependentes”Prof. Ivan de Rosende Celeiro. 24 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • “Educación para a Saúde: Exercicio Terapéutico”Prof. Isabel Raposo Vidal.  30 de marzo, de 17 a 19 h. 
  • Sesión práctica de Exercicio Terapéutico. 1 de abril, de 10:30 a 13:30 h. 

 

O día 31 de marzo, a partir das 17 horas, terá lugar o Acto de clausura coa Conferencia “Cine e Creatividade para Seniors”a cargo de Domingo D. Docampo e Manolo Gómez, e farase a entrega de diplomas aos participantes. 

 

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos das comarcas de Costa da Morte, ca intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018. 



Novas relacionadas

Compartir: