A Universidade Sénior pon en marcha unha nova edición do programa de Democratización do Coñecemento dirixido a maiores de 50 anos
08-04-2021
A Universidade Sénior da Coruña, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración do GDR Costa da Morte e do Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, no Auditorio de Baio.
A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse, dende o 12 ata o 22 de abril, de xeito on-line a través do espazos web respectivos:
• UDC Sénior Costa da Morte (https://
ou presencialmente a través dos ADL de cada Concello do GDR “Costa da Morte”
O programa xira en torno ao Camiño de Santiago, e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas:
• "Santiago Apóstolo : Historia, Mito e Lenda", a cargo do Prof. Alvaro J. Iglesias Maceiras o 26 de abril, de 17 a 19 horas
• "A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” a cargo do Prof. Xoán López Viñas o 3 de maio, de 17 a 19 horas
• "O Camiño: Paisaxes, Pontes e Fontes", a cargo do Prof. José Manuel Álvarez-Campana Gallo o 10 de maio 17 a 19 horas
Ao rematar a actividade formativa, o 10 de maio, partir das 19 horas terá lugar os Acto de Clausura.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte e de As Pontes de García Rodríguez, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.
Descargas
Novas relacionadas
- O Concello de Zas acolle por terceiro ano o programa de formación para maiores de 50 anos da Universidade Sénior da UDC
- Presentación da 3ª edición do programa de Democratización do Coñecemento
- Remata a 2ª edición do programa de democratización do coñecemento na Costa da Morte da Universidade Sénior
- Os participantes do programa de formación da Universidade Sénior reciben os seus diplomas