Zas repite por cuarto ano consecutivo como sede dun DéporCampus Cabreiroá

07-06-2021

Un ano máis, e xa van catro, o Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acollerá unha nova edición dun dos DéporCampus Cabreiroá que organiza o Real Club Deportivo da Coruña en diferentes localidades da provincia.

"A de Zas foi unha das sedes que tivo maior éxito o verán pasano no que participaron máis de 40 nenos e nenas da zona", sinalou Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, durante a presentación do evento que tivo lugar o pasado venres no Salón de Plenos do Concello de Zas e ao que asistirón tamén Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas; e Óscar Lema Romero, Tenente de Alcalde.

A actividade, que terá lugar do 19 ao 23 de xullo, está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Zas e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 15 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

 

Novas relacionadas

Compartir: