O Campo Municipal Platas Reinoso acolle unha nova edición do DéporCampus

15-05-2018

O Concello de Zas será un ano máis unha das sedes do DéporCampus Cabreirá 2018 que se poñerán en marcha o próximo verán. O evento presentouse hoxe no Auditorio de Zas nun acto no que interviron o Alcalde, Manuel Muíño Espasandín; o Tenente de Alcalde, Óscar Lema; o subdelegado da Federación Galega para a Costa da Morte, Manuel Corredoira; e  Pablo Barros, Director do DéporCampus e entrenador do equipo de Alevíns do R. C. Deportivo da Coruña.

Inscricións

O DéporCampus de Zas terá lugar entre os días 25 e 29 de xuño de 2018 no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio. Os/as interesados/as en participar poden anotarse a través da páxina web http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/zas-2018/inscribete e as inscricións están abertas ata o 21 de xuño ás 12:00 horas. A inscrición inclúe seguro de accidentes deportivos, unha equipación deportiva por neno composta de camiseta, pantalón e media, almorzo (auga e froita), diploma e a participación nun sorteo de regalos.

110 participantes

Na pasada edición, o DéporCampus de Zas reuniu en Zas a 110 participantes chegados dende distintos puntos de toda a Costa da Morte sendo o campus con maior participacións dos celebrados fóra da sede de Abegondo.

Os encargados de dirixir as actividades do campus son os técnicos do R. C. Deportivo da Coruña que fomentarán entre os participantes valores como o xogo limpo, respecto polo rival, o esforzo, a amizade a través do deporte ademais de técnicas de fútbol.

Compartir: