Presentación do DeporCampus Zas17

09-05-2017

Presentación

  • Día: Mércores, 10 de maio 
  • Lugar: Salón de Plenos do Concello de Zas
  • Hora: 19h.

Participarán: Pablo Barros, director de  DeporCampus e José Barcala, director metodolóxico de Real Club Deportivo, ademáis de algún xogador da primeira plantilla.

Que é o DeporCampus?

É unha experiencia deportiva inesquecible organizada polo Real Clube Deportivo e Cabreiroá dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Levarase a cabo nas instalacións do Campo de Fútbol Platas Reinoso de Baio.

Os encargados de dirixir as actividades do campus son profesores e técnicos do Real Club Deportivo, e fomentan valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Inscricións

  • Datas: Do 26 ao 30 de xuño de 2017
  • Prazo de inscrición: ata o xoves 22 de xuño ás 12h. Poderá realizarse mediante formulario dispoñible na web DeporCampus ou cubrindo o formulario e entregándoo no Centro Sociocultural de Zas ou Baio.

Máis información: web DeporCampus / deporcampus@rcdeportivo.es / 636 884 243

Ligazóns

Descargas

Compartir: