O Concello de Zas estuda a posibilidade de facilitar material informático ao alumnado que o precise

08-04-2020

 

O Concello de Zas estuda a posibilidade de poñer en marcha unha nova medida co fin de facilitar que todos os alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio continúen coa súa formación escolar mentras dure o confinamento causado polo COVID-19.

Unha das opcións que se estuda en coordinación co CEIP de Labarta Pose e co CPI de Zas é facilitar un pen drive a aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan de acceso a Internet nos seus fogares ou que teñan unha sinal moi debilitada para que, desta forma, poidan descargar as tarefas nos seus propios equipos informáticos. 

Por outra parte, esta semana fíxose a entrega dun equipo informático a un estudante do IES Maximino Romero de Lema cedido polo propio centro educativo. Este é un servizo de préstamo con fins unicamente educativos e que se ofrece mentres dure o confinamento.

Outras medidas

Ademais dos traballos de desinfección que se levan a cabo nas zonas comúns como os accesos a edificios e comercios que manteñen a súa actividade, o reparto de produtos de primeira necesidade ás persoas vulnerables e da atención á veciñanza, o persoal do Concello de Zas está estes días traballando arreo no reparto de material de protección homologado entre os distintos colectivos do municipio máis expostos ao virus. 

Desta forma, dende o inicio do estado de alarma o Concello de Zas distribuiu diverso material de protección entre o persoal dos Centros de Saúde do municipio, persoal do Servizo de Axuda no Fogar, membros de Protección Civil, Policía Local e traballadores municipais que fan a desinfección nos exteriores dos establecementos que continúan abertos.

Ademais, estes días repartíronse mascarillas con filtro e reutilizables entre o persoal que traballa nos diferentes establecementos do noso municipo que desenvolven traballos esenciais como son supermercados, tendas de alimentación, gasolineiras, farmacia, entre outros. 

Cabe recordar que ainda que as oficinas municipais están pechadas ao público, o Concello de Zas continúa desenvolvemento a súa actividade habitual e atendendo ás necesidades que a veciñanza pode ter nunha situación como a que estamos vivindo. Para iso, as persoas que o precisen poden chamar ao número de teléfono do Concello de Zas (981 70 83 03) onde os atenderán un funcionario municipal e o Alcalde de Zas. 

Novas relacionadas

Compartir: