As bibliotecas municipais de Zas poñen en marcha o concurso infantil #ZasQuedaNaCasa

26-03-2020

 

Co propósito de que os máis novos da casa pesen estes días de confinamento o máis entretidos posible e para animar as fiestras das nosas vivendas, as Bibliotecas Municipais do Concello de Zas convocan o concurso infantil #ZasQuedaNaCasa.

Este é un concurso que está dirixido a todos os alumnos e alumnas dos centros educativos do nosos municipio e para participar deben de facer un debuxo positivo e penduralo da fiestra da súa vivenda. Pódese empregar calquera tipo de material co único requisito de que sexa unha imaxe positiva acompañada do cancelo #ZasQuedaNaCasa.

Para participar no concurso será necesario enviar unha imaxe do debuxo ao enderezo electrónico zas.rbgalicia@eidolocal.es indicando no asunto “Concurso Infantil Zas Queda Na Casa” e ademais de anexar a imaxe é necesario enviar os datos do/a autor/a: nome, idade, dirección e teléfono. O traballos poderanse enviar ata o 31 de marzo de 2020 ás 20:00 horas.

Os traballos recibidos penduraranse nun álbum de fotos na páxina de Facebook oficial do Concello de Zas; “Concello de Zas Actualidade Municipal”. O debuxo que teña máis gústame será o gañador e o prazo de votacións será entre o 1 de abril e o 8 de abril ás 20:00 horas. A persoa gañadora recibirá un lote de libros en galego.

 

Novas relacionadas

Compartir: